con bágoas de lume, con dores de fame.
Choras, que outra cousa xa facer non podes
e enches o ceo de impotencia e carraxe.
Tanta fartura, tanta riqueza tiñas,
¿que te queda se te contaminan o aire,
envelenan augas, asfáltante solos,
se por intereses duns os montes te arden.
Morres entras augas do mar afogada
Morres no horizonte cando cae a tarde.
Morres... Pero a vida retorna co día,
na illa renaces, xurdes coma unha náiade.
Renaces para o escarnio eterno do home,
para unha agonía sen remate renaces.
¿E cómo te vou a entregar ós meus fillos,
se te empurran ó barranco das ultraxes?
Ángel M. Abalo Hermo
No hay comentarios:
Publicar un comentario